Acerca de AGA

A Asociación Galega de Acústica (AGA) está constituída por profesionais e empresas que desenvolven a súa actividade dentro do campo da Enxeñería e a Certificación Acústica, e que ten como obxectivos principais:

 

· Fomentar un marco común de traballo entre os profesionais do sector da acústica, os técnicos das administracións públicas e os cidadáns.

· Asesorar ás empresas e profesionais asociados, para mellorar continuamente a calidade do servizo que prestan e velar pola defensa dos seus intereses.

· Velar pola “calidade acústica” dos proxectos e instalacións.

 

AGA nace nunha contorna de importantes novidades lexislativas:

 

· A aprobación do Real Decreto 1367/2007, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do Ruído, no referente a zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas.

·